Fotos Toyota Ibericar Auto Enduro MTB 2016

Xa estamos subindo todas as fotos de esta proba de Enduro Btt celebrada no monte da Picaraña. Lugar emblemático de Ponteareas no que se poden atopar lugares moi pintorescos, como os impresionantes penedos graníticos tan característicos de esta zona. Esta proba foi organizada por Extremebike Eventos e cronometrado pola empresa Magma Sports & Timing. Xa é a segunda proba de Enduro organizada por Extremebike e se afianza no calendario galego de esta modalidade de btt. Tanto o percorrido, como a organización cumpriron todas as espectativas. Este ano case chegan os 200 participantes, case 50 mais que o ano 2015.

Saudos,

ollowerk.es

Anuncios

Ultimate Brutal Track: Ruta Btt con Antuá, Fer e Pedro. 19 de Agosto 2012

  Ultimate Brutal Track.

   Mountain Bike Route with Antuá, Fer & Pedro from Vigo, through Pontareas, Salvaterra do Miño, Moçao, Caldelas de Tui, Tui, Aloia and finishing in Vigo.
 

   Esta ruta comeza en Vigo saindo do Parque de Castrelos para subir a Beade e dende alí coller por sendeiros de Bembrive. Subimos un rato ata atoparnos co Gr-53. Alí vemos indicacións dun sendeiro en Tameiga e comezamos a baixar por él, para logo perdernos en diferentes camiños e campos (algúns é recomendable evitalos xa que están moi pechados pola vexetación). Pronto atopamos o Sendeiro dos muiños de Pereiras, polo que baixamos con dificultade. O sair de él xa estamos preto de Porriño e por rúas e estrada nos achegamos o Alto do Confurco, onde se me desconecta accidentalmente o gps do tlf. Dende eiquí comeza o outro tramo que baixa a Ponteareas, por estradas secundarias ata enlazar co sendeiro que estabamos tan ansiosos de facer. Alí nos reunimos con Pedro. Así continuamos por un sendeiro precioso a beira do Rio Tea polo que imos baixando suavemente. Neste sendeiro tan estreito é interesante facelo en horas que non vaia moita xente para poder disfrutar do btt. Con curvas suaves, continuas subidas e baixadas, todo elo sen pedras nin case raices. A verdade se fai delicioso en algunhas zonas, sin desmerecer as antigas pontes de pedra os remansos do rio onde descansar e darse un baño. Así continuamos ata case Salvaterra do Miño, onde xa o sendeiro deixa paso a unha pista rápida que nos achega ata un paseo onde podemos coller auga (da traida). Pronto atopamos o Miño e nel a famosa Illa de Fillaboa. E se queremos, podemos pasar a Moçao e visitar os nosos veciños portugueses. Nos non dubidamos en facelo e xantamos nun dos seus restaurantes.

   Eiquí nos quedamos sen posibilidade de grabar o resto do track. -¿Qué pena? Porque o remate desta ruta non ten nada que envexar o resto: Comezamos buscando o enlace cun sendeiro fluvial (como o do rio Tea). De iso encargouse Pedro que xa o fixera en sentido inverso a nosa ruta , que vai baixando. Despois de ir por estradas durante preto de 45mins atopamos un sendeiro que pronto enlazamos co PRG-19. Este sendeiro é outra delicia para disfrutrar da bici. Voltamos as curvas suaves, moitas de elas peraltadas, con saltos suaves e subidas e baixadas que polo sentido da marcha descendente o carón do Miño, case se pode ir moitas veces sen pedalear. ¡Un disfrute maravilloso! Novamente atopamos moitos lugares onde darse un baño o simplemente contemplar o baixar das augas mansas do Miño entre a abundante vexetación,  e illas que dividen o rio para disfrute dos practicantes de piragua e Kayak que alí se dan cita. Nos non desaproveitamos un deses lugares para darnos un baño e descansar da ruta e o intenso calor que nos acompañaba xa por moitas horas. Despois do descanso, voltamos o sendeiro e a disfrutar.  Xa queda pouco, comezamos a ver a bonita vila de Tui. Alí nos cruzaremos co Camiño de Santiago portugués. Paramos para facer acopio de víveres e bebidas hidratantes. Pero por pouco tempo, son as 20:00 e nos queda voltar a Vigo con poucas horas de luz. Saimos con renovadas enerxías e comezamos as subida o Aloia, para despois de máis de unha hora de subida chagamos a estrada de Prado que nos leva pola parte baixa da Serra do Galiñeiro. Pronto Baixamos a estrada de Vincios e pasando por A Garrida xa encaramos a estrada a Vigo (Son as 23:00).

Track de la Ruta, parte 1 (To see the 1th part of track)

Track de la Ruta, parte 2 (To see the 2nd part of track)

Track de la ruta 3a parte, que no se pudo grabar (3th part of the route that couldn´t record)

 
 

   Temos que ter en conta que a suma dos tres tramos (e iso non ten fallo xa que o grabei no ciclocomputador), é de 112kms. Por iso a catalogo como moi dificil. Saindo de Vigo as 9:30, chegamos case as 23:00. Iso si, sen presas, a no ser na subida o Aloia e percorrido de volta a Vigo.

   We need to know that the complete route (and that is true because I recorded it with the cyclocomputer of my bike),  has more than 112kms. That is the reason of marking this route like Very dificult. We started at 9:30 and finished in Vigo around 23:00. I must confess that we were riding without stress. Only in the up hill of Aloia and the way to Vigo we went as fast as we could. 
                                                                                                       
Fotos privadas
 
 
 
-Ver fotos(To See photos)…