Fotos adestramento Enduro Big Ride 2016

Polo de agora os deixamos con algunhas realizadas nos adestramentos libres. Fotos de ©Xan Seoane.

Un saúdo.

ollowerk.es

Anuncios

Fotos Enduro Vigo Bike Contest 2016

Bueno, depois de algún tempo xa conseguimos ter todas as fotos de esta proba. Disculparnos os que estabades esperando por elas, que algún xa nos preguntou cuándo as iamos ter listas, e case nos sacades as cores de tanto tempo que pasou dende que se celebrou esta proba de Enduro en Coruxo. Un clásico do calendario. Elexín publicar esta foto porque son das que a pesar do espectacular que pereza a caída, pois non tivo maior relevancia. Pero é difícil captar xusto o intre no que vai polo aire, bici e participante. Que todas as caídas sexan coma ista.

Para ir as fotos, coma sempre, indo a páxina, fecendo clic na foto ou en ollowerk.es. Nos vemos en outra.
Un saudiño.
ollowerk.es

Fotos Cto. de España Enduro Mtb 2015, Porriño

¿Cómo podemos comezar esta publicación? Pois supoño que sinalando o que aconteceu, meteorolóxicamente falando, durante a celebración de este evento. As previsións eran de chuvia, pero nada parecido o que alí vivimos os que competiron na proba ou os que nos achegamos a facer fotos ou simplemente disfrutar do espectáculo nun entorno como son os montes da Risca e arredores de Porriño. Cando xa levábamos un rato facendo fotos no Tramo 1 (O Salgeuirón), Comezou a soplar o vento como se Eolo espirrara enriba de nos. Eu persoalmente non fixen os deberes e non prevín o que estaba a acontecer. Resultado: A cámara de fotos, despois de rematar o Tc1, colapsou. Auga fora, auga dentro, auga nos calzóns. O vento que chegou a superar de longo os 100km/h. facía que calquera tentativa de protexerse fora inutil. Paraguas roto… Pero así como foi de forte o temporal, tamén pasou veloz e deixou a posibilidade de disfrutar dos derradeiros tramos, incluso con calor e Sol. ¡Maravillas da meteoroloxía! Pero demasiado tarde para o meu equipo fotográfico. Non voltou a recuperar a consciencia ata o día seguinte, despois dunha cura de varias horas con todo o equipo desmontado, e deixando que o aire seco fixera o seu labor, con moita calma. Que para estos casos é o mellor. Nada de secadores de pelo, nin nada que se lle pareza. Despois de isto, pois so quedou descargar as fotos e facer o propio nestes casos.

Este espectacular Cto. de España Enduro Mtb 2015, organizado por Single Track Outdoor Sports, e coa colaboración de Marcisport foi cronometrado pola empresaMagma Sport & Timing. En canto o resultado da proba podedes consultalo en esta páxina ou na FEC.

Para ver as fotos facer clic na foto ou EIQUÍ.

Un saúdo.

 Ollowerk