Autunm is here and nobody knows how it has happened

Clouds, clouds and more clouds again

This is the sky of our weekend

When you see the Sun you need to half closed your eyes

And everyone see that the Summer ends

Now you can say:  Autumn is here with clouds and rain!

Beautiful days when the trees lose their leaves.  You can walk dancing with them in the park or in the woods, but the trees are going nude and the forest floor is covered of warm colors, like the Rainbow after a storm.

Anuncios

Fotos Cto. de España Enduro Mtb 2015, Porriño

¿Cómo podemos comezar esta publicación? Pois supoño que sinalando o que aconteceu, meteorolóxicamente falando, durante a celebración de este evento. As previsións eran de chuvia, pero nada parecido o que alí vivimos os que competiron na proba ou os que nos achegamos a facer fotos ou simplemente disfrutar do espectáculo nun entorno como son os montes da Risca e arredores de Porriño. Cando xa levábamos un rato facendo fotos no Tramo 1 (O Salgeuirón), Comezou a soplar o vento como se Eolo espirrara enriba de nos. Eu persoalmente non fixen os deberes e non prevín o que estaba a acontecer. Resultado: A cámara de fotos, despois de rematar o Tc1, colapsou. Auga fora, auga dentro, auga nos calzóns. O vento que chegou a superar de longo os 100km/h. facía que calquera tentativa de protexerse fora inutil. Paraguas roto… Pero así como foi de forte o temporal, tamén pasou veloz e deixou a posibilidade de disfrutar dos derradeiros tramos, incluso con calor e Sol. ¡Maravillas da meteoroloxía! Pero demasiado tarde para o meu equipo fotográfico. Non voltou a recuperar a consciencia ata o día seguinte, despois dunha cura de varias horas con todo o equipo desmontado, e deixando que o aire seco fixera o seu labor, con moita calma. Que para estos casos é o mellor. Nada de secadores de pelo, nin nada que se lle pareza. Despois de isto, pois so quedou descargar as fotos e facer o propio nestes casos.

Este espectacular Cto. de España Enduro Mtb 2015, organizado por Single Track Outdoor Sports, e coa colaboración de Marcisport foi cronometrado pola empresaMagma Sport & Timing. En canto o resultado da proba podedes consultalo en esta páxina ou na FEC.

Para ver as fotos facer clic na foto ou EIQUÍ.

Un saúdo.

 Ollowerk

Fotos Triatlón MD DesafíoillasCíes 2015

Proba de triatlón media distancia celebrada na Praia do Vao (Vigo). A proba se disputou cunha meteoroloxía moi estable, cun pouco de neboa a primeira hoa da mañán para o longo do día ir mellorando ata sair o Sol. Gran asistencia de participantes así como de público que aproveitou o bo tempo para disfrutar de este gran evento deportivo.

Enlace para información da proba: desafioislascies.com onde poderedes ver esta e outras probas dentro dos desafíos Illas Cíes. As inscripcións se fan a través da empresa de cronometraxe e eventos deportivos Magma Sports & Timing. En esta edición contaron coa presencia do gran Javier Gomez Noya, V veces campión da Copa do Mundo de Triatlón. Todo un privilexio poder contar con este gran deportista galego, como padrino da proba. E a participación foi excepcional, case 500 inscritos.

Para ver as fotos da proba facer clic EIQUI ou na foto da noticia.

Un saúdo.

tinquerelo

ollowerk.es