Fotos Cto. de España Enduro Mtb 2015, Porriño

¿Cómo podemos comezar esta publicación? Pois supoño que sinalando o que aconteceu, meteorolóxicamente falando, durante a celebración de este evento. As previsións eran de chuvia, pero nada parecido o que alí vivimos os que competiron na proba ou os que nos achegamos a facer fotos ou simplemente disfrutar do espectáculo nun entorno como son os montes da Risca e arredores de Porriño. Cando xa levábamos un rato facendo fotos no Tramo 1 (O Salgeuirón), Comezou a soplar o vento como se Eolo espirrara enriba de nos. Eu persoalmente non fixen os deberes e non prevín o que estaba a acontecer. Resultado: A cámara de fotos, despois de rematar o Tc1, colapsou. Auga fora, auga dentro, auga nos calzóns. O vento que chegou a superar de longo os 100km/h. facía que calquera tentativa de protexerse fora inutil. Paraguas roto… Pero así como foi de forte o temporal, tamén pasou veloz e deixou a posibilidade de disfrutar dos derradeiros tramos, incluso con calor e Sol. ¡Maravillas da meteoroloxía! Pero demasiado tarde para o meu equipo fotográfico. Non voltou a recuperar a consciencia ata o día seguinte, despois dunha cura de varias horas con todo o equipo desmontado, e deixando que o aire seco fixera o seu labor, con moita calma. Que para estos casos é o mellor. Nada de secadores de pelo, nin nada que se lle pareza. Despois de isto, pois so quedou descargar as fotos e facer o propio nestes casos.

Este espectacular Cto. de España Enduro Mtb 2015, organizado por Single Track Outdoor Sports, e coa colaboración de Marcisport foi cronometrado pola empresaMagma Sport & Timing. En canto o resultado da proba podedes consultalo en esta páxina ou na FEC.

Para ver as fotos facer clic na foto ou EIQUÍ.

Un saúdo.

 Ollowerk

Anuncios

¡¡Oliñas dende os inframundos!!

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s