Este fin de semán disputouse na Estación de Montaña Manzaneda a última proba da Big Ride, despois de disputarse as duas probas anteriores; Enduro Big Ride Cercedilla e Enduro Big Ride Tui. Con circuitos moi completos e con diversidade en canto a condicións meteorolóxicas, chegamos a esta proba, coa modalidade de Avalancha. Se celebra en Manzaneda, onde levanse organizado dende xa fai algúns anos probas de Mountain Bike (Dh, Avalancha e outras disciplinas). Pero nesta ocasión o que nos ocupa é a Avalancha. O Sábado xa cedo, se achegaron os corredores (mais de 130 participantes) para adestrar no circuito que remata na vila medieval de Manzaneda. Se temos en conta que a saida parte dende o cumio a 1778m o desnivel case chega os 1000m. Pola mañán o percorrido estaba co chan bastante solto e con moito po, pero iso ía cambiar. As anunciadas treboadas chegaron a mediodía e coa chuvia e o granizo todo cambiou, incluso as caras dos competidores. A hora de saida da manga clasificatoria e o emplazamento se tiveron que demorar pola treboada. Os remontes quedaron inutilizados. Nas clasificatorias se produciron algunhas caidas, e averías… Así algúns quedaron relegados a posicións traseiras da parrilla de saida do Domingo. Pero o día seguinte sería cando se medirían os corredores en busca de esa clasificación xeral.
Pois o Domingo todo funcionou como un reloxo. Será porque a cronometraxe corría da man de Magma Sports & Timing . As mangas se disputaron sobre un percorrido en inmellorables condicións, e cunha temperatura bastante agradable… Ainda que sempre cos ollos postos nas nubes que non deixaban claras as suas intencións. Os claros dominadores da Avalancha de este ano foron os corredores do equipo Bike Zone Team. Joseba León e Jose Antonio Diez coparon as primeiras plazas das duas mangas seguidos de Antonio Perez Dacosta XtremeBike na primeira manga e por Pablo Gonzalez Wittig Bike Suport- El Gallo na segunda. En féminas tamén o Bike Zone Team se adxudicou a victoria con Mónica Carrascosa García.
En resumen; un remate de Big Ride excepcional con Jerome Clementz Team Cannondale como gañador ansoluto da Big Ride o ser o indiscutible vencedor das duas probas anteriores…
Calsificacións Avalancha (Clasifications):
Elite:
1 14 LEON GUTIERREZ Joseba BIKEZONA TEAM 37:34.305
2 6 DIEZ ARRIOLA Jose Antonio BIKEZONA TEAM 37:47.996
3 123 MARTINEZ DEL CAMPO Oscar BICI VERDE – ANCA 40:09.706
Feminas:
1 45 CARRASCOSA GARCIA Monica BIKEZONA TEAM 54:18.257
2 131 ALVAREZ PLAZA Maria – 56:23.223
Junior:
1 125 HERRANZ ECHEITA Ricardo MONTEFERRO BIKE CLUB 45:39.795
2 30 RODRIGUEZ LEMOS David – 49:01.516
3 127 GODINHO Pedro ALLMOUNTAINELITE 50:11.740
4 31 ALONSO FERNANDEZ Javier – 57:04.300
Cadetes:
1 101 BOULLOSA SEOANE Brais – 55:37.373
2 81 PINTADO Diego BIKE RACING VALLISOLETAN 1:11:39.25
Master 30:
1 2 PEREZ DACOSTA Antonio XTREMBIKE 38:56.987
2 12 RODRIGUEZ IGLESIAS Ruben BIKE SUPPORT – COMMENCAL 39:40.539
3 13 GONZALEZ WITTIG Pablo BIKE SUPPORT – EL GALLO 39:46.242
Master 40:
1 10 GOMEZ CASTRO Manuel 5TH PINE MTB TEAM – MAGMA 41:09.816
2 107 GALEA JIMENEZ Jose Manuel BIKE-MADRID 44:57.264
3 88 MONTES MARCOS Honorino XENTE LES KUENKES 45:18.387
Para ver as clasificacións completas Avalancha e Xeral Big Ride (To see complete casifications):
Quero manifestar dende eiquí o meu profundo recoñecemento o labor e profesionalidade na execución dun evento de tal envergadura. Espero que así o consideren os participantes e público desta competición que tan boas imaxes permite captar. E neste recoñecemento o fago extensible a todas as organizacións que se adican e esforzan en facer que este deporte sexa todavía máis grande, se cabe.
Tinquerelo
This weekend took place in the Manzaneda Mountain Resort the last test of the Big Ride Event. After disputed two trails before; Enduro Big Ride Cercedilla & Enduro Big Ride Tui. With a very complete circuit and diversity in terms of weather, we came to this test in the Avalanche mode. This time the test is held in Manzaneda, which have organized already for some years Dh, Avalanche and other disciplines … But in this moment, concerns us the Avalanche…. (Pending to translate)
Para ver todas as fotos da Avalancha facer clic sobre elas
(To se all the photos of the Avalanche click on it)
Fotos Adestramentos e Clasificatoria (Trainings & Clasification)
Fotos Primeira Manga Avalancha (First Avalanche)
Fotos Segunda Manga Avalancha (Second Avalanche)
Fotos Podium e máis (Podiums & more)
Paisaxes Manzaneda e máis (Landscapes)
Foto Montaxes II Manga Avalancha (Photo Sequences II Trail Avalanche)